A través deste formulario, recolleranse tamén as consultas, queixas e suxestións relacionadas coa posible vulneración da Carta de Dereitos Fundamentais da UE na Execución dos Fondos Europeos, para dar cumprimento á aplicación e implementación efectiva da Carta dos Dereitos Fundamentais da UE establecido nos artigos 73.1 e 9.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.
Información sobre protección de datos persoais: Os datos persoais recollidos neste formulario serán tratados de conformidade co novo Regulamento Europeo (UE) 2016/679 de Protección de Datos. A información relativa aos destinatarios dos datos, a finalidade e as medidas de seguridade, así como calquera información adicional relativa á protección dos seus datos persoais poderá consultala na seguinte
ligazón. Ante o responsable do tratamento poderá exercer, entre outros, os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición e limitación de tratamento.