Política de Migración e asuntos de interior
Política común da Unión Europea en temas de asilo, migración e xestión de fronteiras
Entre os obxectivos da Unión Europea atópase ofrecer liberdade, seguridade e xustiza sen fronteiras interiores, á vez que a adopción de medidas adecuadas nas fronteiras exteriores para regular o asilo e a inmigración e previr e loitar contra a delincuencia. Desta forma, o
control das fronteiras, a
seguridade interior e os
retos migratorios son unha prioridade política para a UE e os seus Estados membros.
Estas políticas desenvólvense en tres frontes:
-
Política de asilo: co obxecto de ofrecer un estatuto apropiado aos nacionais de terceiros países que necesiten protección internacional nalgún dos Estados membros e garantir o respecto do principio de non devolución. Por este motivo a Unión está a esforzarse na creación do Sistema Europeo Común de Asilo.
-
Política de inmigración: unha política de inmigración europea global, con visión de futuro e baseada na solidariedade. A política de inmigración ten por obxecto establecer un enfoque equilibrado para abordar tanto a inmigración legal como a irregular.
-
Xestión de fronteiras exteriores: nos últimos anos, os retos relacionados co aumento dos fluxos migratorios mixtos na Unión, a pandemia da COVID-19 e as novas realidades en materia de seguridade, entre outros, puxeron de manifesto deficiencias nas políticas relacionadas coa protección das fronteiras exteriores da Unión, que tamén se manifestan en ocasións nas súas fronteiras interiores.
Entre os obxectivos da Unión Europea atópase ofrecer liberdade, seguridade e xustiza sen fronteiras interiores. Tamén a adopción de medidas adecuadas nas fronteiras exteriores para regular o asilo e a inmigración, e previr e loitar contra a delincuencia. O control das fronteiras, a seguridade interior e os retos migratorios son unha prioridade política para a UE e os seus Estados membros.