Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Agricultura
O
Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) é o novo fondo destinado a dirixir
financiamento do orzamento da UE a axudas para a política pesqueira común (PPC), a política marítima da
Unión e os compromisos internacionais da Unión no ámbito da gobernación dos océanos.
Para o
período 2021-2027, a
normativa comunitaria establece que o apoio do
FEMPA débese configurar en base a catro prioridades, que posteriormente se desenvolven nunha serie de obxectivos
específicos (OE).
-
Prioridade 1 Fomentar a
pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos
-
Prioridade 2 Fomentar as actividades sustentables de
acuicultura, así como a transformación e comercialización de produtos da pesca e a
acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión
-
Prioridade 3 Permitir unha
economía azul sustentable nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento
das comunidades pesqueiras e acuícolas
-
Prioridade 4 Reforzar a
gobernación internacional dos océanos e permitir que os mares e océanos sexan seguros,
protexidos, limpos e estean xestionados de maneira sustentable
O FEMPA distribúe os seus recursos tanto en réxime de xestión directa e indirecta (onde a Comisión Europea
administra programas de traballo), como en réxime de xestión compartida a través de programas nacionais
cofinanciados.
En España, o FEMPA articúlase a través dun único programa nacional que conta cunha asignación total de axuda
UE de
1.120 M€ que se reparte entre as catro prioridades definidas.
Acceso á súa
páxina web