Ir al contenido
Fondos europeos.

Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Agricultura

O Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) é o novo fondo destinado a dirixir financiamento do orzamento da UE a axudas para a política pesqueira común (PPC), a política marítima da Unión e os compromisos internacionais da Unión no ámbito da gobernación dos océanos.

Para o período 2021-2027, a normativa comunitaria establece que o apoio do FEMPA débese configurar en base a catro prioridades, que posteriormente se desenvolven nunha serie de obxectivos específicos (OE).

  1. Prioridade 1 Fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos

  2. Prioridade 2 Fomentar as actividades sustentables de acuicultura, así como a transformación e comercialización de produtos da pesca e a acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión

  3. Prioridade 3 Permitir unha economía azul sustentable nas zonas costeiras, insulares e interiores, e fomentar o desenvolvemento das comunidades pesqueiras e acuícolas

  4. Prioridade 4 Reforzar a gobernación internacional dos océanos e permitir que os mares e océanos sexan seguros, protexidos, limpos e estean xestionados de maneira sustentable

O FEMPA distribúe os seus recursos tanto en réxime de xestión directa e indirecta (onde a Comisión Europea administra programas de traballo), como en réxime de xestión compartida a través de programas nacionais cofinanciados.

En España, o FEMPA articúlase a través dun único programa nacional que conta cunha asignación total de axuda UE de 1.120 M€ que se reparte entre as catro prioridades definidas.

Acceso á súa páxina web

Proxectos cofinanciados con FEMPA